- Información general
O sitio web aloxado baixo o dominio www.ineo.org é titularidade de Ineo, Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (en diante INEO), con domicilio social en Rúa de García Barbón, 104 (Ed. Vista Alegre), Oficina 10. 36201 Vigo, Pontevedra, España, con CIF G-36.969.525, cuxos estatutos se atopan depositados na Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia con número de depósito 72-957-2006
Pode contactar con Ineo a través do teléfono 986 112 570 e do correo electrónico: www.ineo.org.
O acceso á páxina web é libre e gratuíto salvo, no seu caso, no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polos usuarios. O acceso á zona de socios está restrinxido aos usuarios autorizados por Ineo.
A través deste sitio web, Ineo proporciona información xeral acerca da Asociación, as súas actividades e servizos, sen que en ningún caso sexa posible a contratación dos citados servizos ou a súa prestación a través do sitio web. A información facilítase unicamente a título informativo, sen que Ineo dea garantía algunha sobre a súa exactitude, actualidade ou vixencia no momento en que se consulta polo usuario.
- Propiedade dos contidos
Todos os contidos do Sitio web, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu software, deseño gráfico e códigos fonte (en diante, os 'Contidos'), son propiedade intelectual de Ineo ou de terceiros, sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos, salvo aqueles que resulten estritamente necesarios para o uso do Sitio. Queda expresamente prohibida a utilización de todos os elementos obxecto de propiedade intelectual e industrial con fins comerciais, así como a súa distribución, modificación, alteración ou descompilación fose dos casos expresamente autorizados por Ineo.
Ineo autoriza, salvo cando se indique o contrario, a reprodución da información e textos presentados no presente sitio noutros sitios de Internet e, en particular a través de servizos de redes sociais, a condición de que sexa mencionada a súa fonte.
Na web de Ineo móstranse denominacións comerciais, logotipos e/ou marcas propias e de terceiros, coa única finalidade de mostrar a pertenza á Asociación dos seus titulares ou de ilustrar noticias relacionadas con tales titulares, os seus produtos ou servizos, sen que poida entenderse que o acceso ao Sitio atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos
- Ligazóns.
O usuario de Internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas web ao Sitio web de Ineo pode facelo sen máis limitación que o respecto á normativa vixente e de acordo coas seguintes condicións:
- Non se poderán establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan ao Sitio web ou permitan a visualización dos Contidos a través de direccións de Internet distintas ás de Ineo de forma que produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou Contidos; supoña un acto de comparación ou imitación desleal; sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio de Ineo; ou de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente.
- Non se realizará desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre Ineo, os seus asociados, empregados, clientes ou sobre a calidade dos servizos que presta.
- Non se expresará na páxina onde se sitúe a ligazón que Ineo nalgunha forma comparte, patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente, salvo que conste a autorización expresa e por escrito de Ineo.
- En ningún caso poderase enlazar con contidos propios ou de terceiros que sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); induzan ou poidan inducir no Usuario a falsa concepción de que Ineo subscribe, apoia, adhírese ou de calquera xeito apoia, as ideas, manifestacións ou expresións do remitente; resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade de Ineo en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.
- Exclusión de responsabilidade
O acceso ao Sitio web non implica a obrigación por parte de Ineo de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.
Ineo non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante a prestación do servizo do Sitio.
O acceso ao sitio web require de servizos e subministracións de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa fiabilidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponden a Ineo. Por conseguinte, os servizos provistos a través do sitio web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo do sitio web.
Ineo non asume ningunha responsabilidade sobre as ligazóns externas que, no seu caso, puidesen incluírse no sitio web, xa que non ten ningún tipo de control sobre os mesmos, polo que o Usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos.
No caso de que o Usuario considere que existe un sitio enlazado con contidos ilícitos ou inadecuados poderá comunicarllo a Ineo, sen que en ningún caso esta comunicación leve a obrigación de retirar a correspondente ligazón.
- Protección de datos de carácter persoal
Os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo coa lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, incorporándoos aos ficheiros titularidade de Ineo, Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia, que constan inscritos no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos. Informámoslle de que o titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de conformidade coa normativa vixente, enviando por escrito unha solicitude ao domicilio de Ineo na seguinte dirección: Rúa de García Barbón, 104 (Ed. Vista Alegre), Oficina 10. 36201 Vigo, Pontevedra.
Os datos solicitados son os estritamente necesarios para a correcta identificación do remitente que nos permita levar a cabo tarefas básicas de xestión interna para a correcta resposta á solicitude formulada polo usuario ou á xestión do sitio web. Ineo mantén un compromiso de uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que estes datos serán tratados de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por INEO con propósito indicado.
- Formularios
O envío de comunicacións electrónicas por calquera medio ou o enchemento dos formularios incluídos no Sitio web implican o consentimento expreso do Usuario para o tratamento dos seus datos de carácter persoal, e haberá de realizarse en todo caso por maiores de 16 anos. No caso de que deban incluírse datos de carácter persoal referentes a persoas físicas distintas da que cumprimenta o formulario, o Usuario deberá, con carácter previo á súa inclusión, informar ao titular dos datos dos extremos contidos nos parágrafos anteriores e obter o seu consentimento.
Se o Usuario non facilitase os datos sinalados como obrigatorios no formulario correspondente, Ineo podería verse impedido de dar unha resposta adecuada á súa solicitude ou de prestar o servizo solicitado.
- Lexislación
O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei española